Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
BIBLIOTECA MARÍA PITA

BIBLIOTECA MARÍA PITA

María Pita,Sigrás (Cambre) 1560-1643, foi unha heroína galega na defensa da Coruña contra o ataque da Armada Británica acontecido no ano 1589.

O 3 de maio de 1589 as tropas inglesas chegan á Coruña dirixidas polo almirante e antigo corsario Francis Drake. O ataque formaba parte da estratexia que mantiña a raíña de Inglaterra Isabel I, para quitar do trono de Portugal o que fora o seu cuñado e posterior rexeitado pretendente: o rei Filipe II (Rei de España dende 1556 e de Portugal dende 1580). Os ingleses, despois de cercar a cidade da Coruña, abriron unha fenda na muralla e comezaron o asalto da cidade vella, durante o cal mataron o marido da María Pita, quen, chea de rabia, arrebata a lanza da bandeira inglesa e, con ela, mata o alférez que dirixía o asalto, o irmán do almirante Francis Drake.[3] Isto desmoralizou a tropa inglesa, composta de 12.000 efectivos e provocou a súa retirada. A tradición di que este feito foi levado a cabo co berro de "Quen teña honra, que me siga".