Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
BIBLIOTECA JULIO CAMBA

BIBLIOTECA JULIO CAMBA

Unamuno definiuno como «filósofo celta», e Ortega e Gasset falou del como «a máis pura e elegante intelixencia de España».  Azorín definiu o seu estilo literario como "humorismo galaico pasado por Londres".
Julio Camba Andreu, nado en Vilanova de Arousa o 16 de decembro de 1884 e finado en Madrid o 28 de febreiro de 1962, foi un cronista galego de comezos do século XX.A súa obra está caracterizada pola imaxinación, o humor, a capacidade de observación e un espírito crítico, literario, que captura o lector con intelixencia e extraordinaria eficacia.
O estilo de Camba desborda ledicia e o seu humorismo é atractivo e agradábel. Nos seus artigos descobre a capacidade do lector para chegar alén dos parágrafos en branco. Na configuración do seu estilo teñen grande importancia as súas viaxes por todo o mundo que deron lugar a grandes traballos nun ton humorístico intelectual, aínda que no fondo sempre figura a retranca.