- Creación audiovisual: Aulas onde os propios mozos e mozas dirixen, guionizan e producen as súas curtametraxes.
- Tecnoloxía e emprendemento: Experiencias de institutos onde se simula a creación de empresas reais empregando pezas deseñadas e fabricadas en impresoras 3D ou interactuando en mundos virtuais. [1]
- De estímulo e inspiración para outros docentes ou orientadores que desexen cambiar as súas dinámicas de aula.
- De orientación para as familias á hora de entender cara a onde camiña o futuro laboral e social dos seus fillos, axudándolles a fixar valores e destrezas clave nun mundo dixital e globalizado.
O reto de docentes que emocionan o alumnado cun ensino de vangarda e a mirada posta no futuro.
Nas aulas dos institutos e dos colexios conviven alumnos que dirixen e producen as súas propias curtametraxes ou que simulan a creación de empresas con pezas que elaboran en impresoras 3D. Sorprende a habilidade dos máis pequenos para crear mundo vituais e tamén para expresar as súas emociòns: “Síntome mal cando me dis iso”, escóitase en Infantil. Os avances nun mundo cada vez máis dixital e global demandan novas fórmulas de ensino. Os alumnos precisan fixar valores e destrezas para afrontar o presente e o futuro. É urxente adaptarse a un escenario cambiante, con profesións difíciles de prever, onde non serven os esquemas estáticos tradicionais. Na educación está a clave. Este libro é unha mostra de experiencias innovadoras en centros educativos de Galicia con numerosos galardóns autonómicos e nacionais. Os docentes que aplican métodos exitosos explican os pasos que foron dando para adaptarse a esta nova realidade e lograr o mellor do alumnado. As súas ideas poden servir de axuda a moitos outros mestres, profesores ou orientadores, ademais de guiar as familias na educación dos fillos e das fillas. Como indican os protagonistas desta ruta da innovación: “Compartindo, melloramos todos”. Otero, Selina (Malpica de Bergantiños, 1978) é licenciada en Ciencias da Información e posgrao MBA en Comunicación Empresarial. Exerce o xornalismo dende hai dezaoito anos, principalmente na prensa escrita: Faro de Vigo e La Opinión A Coruña. Logo dun período como asesora de contidos na Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, especializouse en temas educativos, unha das súas áreas preferidas xunto con Innovación, Ciencia e Cultura. Na súa traxectoria laboral pasou tamén por diferentes gabinetes de comunicación. Ademais da escritura, as súas paixóns son a música, os idiomas, a literatura, as viaxes e o universo dixital.
____
Editorial: Galaxia 2018
Idioma: Galego
Páxinas: 132
INTERVENCION SOCIAL/DIDACTICA