Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
BIBLIOTECA ELENA QUIROGA

BIBLIOTECA ELENA QUIROGA

ELENA QUIROGA DE ABARCA (1921-1995)

Membro da Real Academia Española.
Escritora española de orixe galega, Nas súas obras, aínda que sempre escritas en lingua castelá, reflíctese a pegada o amor por Galicia. As súas obras foron traducidas ao francés, alemán, finlandes e ruso
O seu pai José Quiroga Velarde, era oriúndo da vila ourensá do Barco de Valdeorras; e malia nacer en 1921 en Santander, criouse nun pazo dese concello propiedade de seus pais, os Condes de San Martiño de Quiroga.
Máis tarde viviu na casa de seu tío Estanislao Abarca, un mecenas que reuniu un grupo de artistas do que tamén eran asiduos Miguel de Unamuno e Federico García Lorca, entre outros. Pasou unha longa estadía na Coruña e publicou en 1949 o seu primeiro libro, La soledad sonora, no que conta a historia dunha muller dende a súa mocidade até a súa madurez.
Perfil literario
Cuestiona os piares fundamentais da ríxida educación tradicional, examina, desde unha óptica feminina, o difícil desenvolvemento da muller nas primeiras décadas do século pasado.
Na súa época definida como a escritora de calidades óptimas e insuficiencias graves, de forza creadora e debilidade artística, encomiada pola súa inquietude innovadora, a súa valentía para ensaiar novas técnicas e estilos, esta fecunda e polifacética novelista mostrou sensibilidade pola análise psicolóxica e a evolución dos seus protagonistas, destacando ela mesma a súa gran intuición cara ás persoas
Premio Nadal 1950
En 1950 obtivo o Premio Nadal coa novela “Viento del Norte”, obra na que narra as relacións entre unha moza serventa e o seu ancián señor.
Obras
En La sangre (1952) narrou a historia de catro xeracións dende o punto de vista dunha árbore que conta o que ve e oe. En Algo pasa en la calle (1954), acaso a súa obra máis notábel, aborda o ambiente urbano, con novos problemas e enfoques técnicos.
En 1954 pasou un tempo en Rianxo, na casa da familia Dieste. Alí coñeceu a Olegaria Dieste, irmá de Eduardo e Rafael, que estaba recluída na súa casa desde 1912, xa que caera enferma ao casar Castelao (de quen estaba namorada) con Virxinia Pereira. En base a ela escribiu a novela La enferma (1955).
“Elena Quiroga, que xa recibira o premio Nadal (1951), decide instalarse en Rianxo para documentarse sobre a vida mariñeira e escribir unha novela, aluga un cuarto na casa dos Dieste. A novelista coñece nese domicilio a unha muller que leva sen saír da casa máis de corenta anos. Ela, Olegaria Dieste (1890-1981), vai atraer a atención da novelista tanto que, lonxe de escribir un relato sobre o mar e os mariñeiros, escribe La enferma (1955), novela inspirada naquela estraña e infortunada muller, que retratou e contou -quede ben claro- cos recursos que a ficción narrativa impón nestes casos”. Escribe Alonso Montero. La Voz de Galicia en 2012
Outros premios
Tristura (1960) Gañadora do Premio da Crítica Catalá.
Escribo tu nombre (1965) Premio Rómulo Gallegos.
Os dous últimos, que teñen a mesma protagonista, de nena e adolescente, confirman a pericia e fondura desta autora que escribiu dez novelas en catorce anos, a maioría na década dos cincuenta e dos sesenta do pasado século.
Tristura, sitúa a acción nos anos da Segunda República, coa axitación social como antecedente e a guerra civil como ameaza que se cerne no horizonte. A protagonista é unha rapariga orfa que estuda nun opresivo colexio de monxas, cuxa rexa disciplina contrasta coas tempadas que pasa na casa da súa avoa.
Foi elixida membro da Real Academia Española, sendo a terceira muller que ingresaba. No seu discurso de ingreso eloxiou ao escritor galego Álvaro Cunqueiro.
  • LA ENFERMA

    ELENA QUIROGA
    €14,90

      El nombre de Elena Quiroga se suele alinear con los nombres señeros de la incorporación de la mujer a la escritura novelística de la segunda mita...

    Ver todos los detalles
    €14,90
  • ELENA QUIROGA. NOVELAS III

    ELENA QUIROGA
    €48,00

      Escibo tu nombre Presente profundo ____ Editorial: Ediciones 98. 2011Idioma: Castellano

    €48,00
  • ELENA QUIROGA. NOVELAS II

    ELENA QUIROGA
    €48,00

    Algo pasa en la calle. La careta. Tristura. la última corrida. ____ Editorial: Ediciones 98. 2011Idioma: Castellano

    €48,00
  • ELENA QUIROGA. NOVELAS I. VIENTO DEL NORTE. LA SANGRE

    ELENA QUIROGA
    €48,00

    ____ Editorial: Ediciones 98. 2011Idioma: Castellano

    €48,00