Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

SEXO E MONSTRUOSIDADE.UNHA XENEALOXIA DA POLICIA SEXUAL.

€10,00
ISBN 9788494137969

A problemática do binarismo, así como a loita contra toda irrefutabilidade biocondicionante, móstranos unha historia convulsa chea de belixerancias e complexos conflitos, dos cales emanaron, como sabemos, moitas das contra-ofensivas resistenciais que deron forma aos contemporáneos discursos post-feministas. Partindo desta evidencia, Antón Fernández de Rota (A Coruña, 1979) analiza en Sexo e monstruosidade o que el chama a “policía do sexo”, un dispositivo historicamente creado por unha determinada matriz político-ideolóxica, que tentou permanentemente regular as condutas e os modos de sentir / pensar. Desde a Revolución Francesa até a os “tecno-travestismos orgánicos”, pasando pola garçonne ou o hermafroditismo, o autor vislumbra a dimensión monstruosa que combateu (e foi combatida por) toda posible manifestación da “policía do sexo”. Un ensaio que nos abre os ollos á consolidación dunha posibilidade antropolóxica non reducida á dominación xenérica á que os recursos da historia policial (sempre teimuda e abafante) nos foi levando.

____

Editorial: RRXM AXOUXERE S.C. 11-2014
Idioma: Galego