Ir a contenido
Gastos de envío desde 1,95€! 📦
Gastos de envío desde 1,95€! 📦

O LEGADO PIONEIRO DE CAMILO DÍAZ BALIÑO

€20,00
ISBN 9788412240870
Considerado unha icona polas seus coetáneos , a través da súa obra pode, recompoñerse a vida de Camilo Díaz Baliño como artista . Dende 1909 ata 1936
con el chegou un novo concepto de creador . De introdutor da excelencia na escenografía teatral ao deseño gráfico , do interiorismo á pintura , pasando pola cinematografía , a ilustración e a publicidade , estas ramas aparecen unidas nas súas mans . Tan diversas facecetas levaron a unha plasmación sen precedentes do céltico na arte galega , así como da fantasía e do terror . Nel prodúcese igualmente a unión da épica ,a estética e a lírica que deu forma á identidade visual galega ata hoxe . Na súa mestría concibiu imaxes que seguen vixentes , establecendo á vez unha linguaxe representativa tan natural como sofisticada , Nel emerxen o Romanticismo , o Simbolismo , o Prerrafaelismo ou o Art Decó . Nesta
síntese nace o seu singular estilo , no que recolle igualmente a influencia das Vangardas de Europa e de grandes figuras . Richard Wagner , Ramón Cabanillas , Vicente Risco , Anxo Casal , Eduardo Pondal jou os Ballets Rusos son algunhas das máis importantes . Nestas facetas tamén se suma , polo seu compromiso , a da política. A súa contribución intelectual e cívica foi tanto artística como persoal , conformando un legado que acompaña as seguintes xeracións .

____

Editorial: Dr Alveiros 2021
Idioma: Galego