Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

AS SALGADURAS DE CARNOTA

€19,00
ISBN 9788494653780
Era necesario salvar da desmemoria a interesantísima información que sobre esta materia permanecía agochada nos arquivos públicos e, sobretodo, preservar para as xeracións futuras as lembranzas dos nosos maiores, poñéndolle nome e apelidos a cada unha das pedras relacionadas coa etnografía industrial que permanece espallada pola beiramar carnotá.

En Lira, Caldebarcos, Panchés, Quilmas e o Pindo houbo como mínimo dezasete “fábricas de sardiña”, como os cataláns acostumaban chamar ás salgaduras, das que afortunadamente quedan moitos vestixios. De maneira que o obxectivo desta obra é recuperar a memoria deste importante patrimonio preindustrial, a fin de non esquecermos nunca dos homes e mulleres que alí traballaron nin o que supuxo para a economía local no seu tempo.

____

Editorial: Aldavira
Idioma: Galego