{"title":"ANXO MUIÑOS","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eEscritor galego e camiñante de soños. Nacin nunha aldea da beira da Ria da Arousa, camiño da montaña.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003eAs miñas fontes de inspiración surxen dos paseos polo monte, navegar, conversar, escoitar historias de transmisión oral, algunhas leituras, conversas coas persoas, o agarimo dos animais e as citas coa música.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","products":[{"product_id":"alen-dos-barqueiros","title":"O ALÉN DOS BARQUEIROS","description":"\u003cp\u003eO sueco Ingemar sostén que a mitoloxía é a forma de psicoloxía máis antiga. Desvelar os misterios da vida a través das lendas é a paixón do estudante, algo que desexa plasmar nunha tese doutoral\u003cbr\u003e\u003cbr\u003eO mito de Ulises buscando Itaca inspiralle facer unha viaxe ata Lisboa en busca de crecemento persoal. Na fronteira un comandante sospeita que o antropólogo é un espía soviético. En Portugal atopa a Salomé e continúan a andaina xuntos escoitando mitos de árbores sagradas, monstros mariños, espítitos das augas, labirintos, animais totémicos e barcos pantasmas. «O alén dos barqueiros» non é un ensaio (mais éo), nin é un dicionario mitolóxico (xaora que o é); pois é, outramente e por riba de todo, unha composición narrativa complexa e completa. É dicir, unha novela en toda a extensión do concepto.\u003c\/p\u003e\n\u003cp lang=\"gl-ES\"\u003eA editorial cántabra Fanes coa primeira novela de Anxo Muíños. Hai un par de anos lemos con deleite literario e ideolóxico “Ulin”, poemario iniciático do autor de Taragoña en edición bilingüe. O personaxe protagonista, Ingemar Westterstrom, non dubida en iniciar unha singradura espiritual e física, de coñecemento e aventura, que o vai vir traendo da Grande Canle do río Gota ás beiras do Teixo. Só tiña saído de Suecia para achegarse ao encontro cos xitanos do mar, os mariñeiros galegos.\u003cspan id=\"more-8912\"\u003e\u003c\/span\u003e Aquela primeira transgresión fronteiriza atendera unicamente á súa tenacidade en perfeccionar o sotaque da lusofonía. Outras motivacións obrígano agora. Corre o outono de 1939. A aviación alemá bombardeou xa Guernica.\u003c\/p\u003e\n\u003cp lang=\"gl-ES\"\u003eIngemar, o escandinavo errante, comeza unha viaxe xeográfica contraria á do autor. Anxo Muíños sae do Porto de Taragoña decidido a dar forma e contido a un traballo de campo que nunha primeira intención abranguería os barqueiros do Miño e do Sil. A empresa irá medrando en afán e extensión. Na súa skepparkista atesoura xa anos de vida mariña e mariñeira. Tamén estudos de náutica. E as lecturas, claro: sempre intentando a fuxida do cárcere idealista, da recorrente racionalización occidental. No caixón da bitácora, Jung. Unha vida, moitas vidas. Zume de ausencias. O viaxeiro é sempre un fuxitivo, un inconformista. Anxo comeza as pescudas, as entrevistas.\u003c\/p\u003e\n\u003cp lang=\"gl-ES\"\u003eSimbolismo mitolóxico da Grande Canle de Gotemburgo. Revisión transformadora dos recordos. Anxo patroneando o barco que atravesa a ría con Emilio Cao, Uxío Novoneyra e Pascual Abalo a bordo. Unha viaxe sentimental polo mar. Amizade. Arousa é Gotemburgo, que é tamén a Godenholm de Jünguer. A quilla arrampla co Leviatán hobbesiano e fai dos tripulantes bos salvaxes que declaman lances gavieros e convocan ghaçafellos. Os dedos de Emilio tanguen Fonte do Araño na arpa. Todo é simplemente lembranza na construción do eu, da identidade. Arqueoloxía autodidacta do saber. Se a peneira non vira o consultante non ten o ar. Solpor. Unha lanchiña rianxeira engaiolada nun arrecife cósmico de vangarda rianxeira.\u003c\/p\u003e\n\u003cp lang=\"gl-ES\"\u003eOliveira Casal (Café Barbantia)\u003c\/p\u003e\n\u003cp lang=\"gl-ES\"\u003eRecibín novas do proceso de ultimado desta novela puntualmente. Souben dos momentos en que Anxo axustaba e recumpuña a anatomía do texto, aprontando xa o inminente parto, e agora, coa novela publicada, continúo a asistir aos primeiros pasos dunha crianza que naceu das augas. Anxo Muíños (Taragoña-Rianxo, 1966) non é un acabado de chegar á literatura, tampouco é alguén que precise documentarse para falar de mares e ríos (como nos acontece a outros), non; o Anxo é home de mar e como tal vive. Exerce na actualidade como anxo da garda -permítase a redundancia nominativa- doutros mariñeiros, pois traballa como vixía e temoneiro no buque hospital Juan de la Cosa; estamos nesta altura, casemente a suscitar metaliteratura, pois de certo aquí hai outra(s) novela(s). Diciamos que esta obra -publicada pola cántabra Editorial Fanes- xa anda polo mundo adiante, ocupando o seu espazo en trinques de librarías e fogares de lectores, e por suposto, non esquecerá A Mariña no seu calendario de presentacións. A comarca mariñá non lle é descoñecida ao escritor mariñeiro, pois este coleccionista de temóns, achou en Foz unha das peza da súa colección, e nesa vila será presentada \u003ci\u003eO alén dos barqueiros\u003c\/i\u003e. O evento terá lugar na emblemática Libraría Bahía o 28 de novembro ás oito e media da tarde, nese momento máxico en que o histórico estabelecemento pecha as portas e só os letraferidos ficamos no interior, rodeados de libros e custodiados polo tótem da tribo bibliómana, léase, Suso Fernández. Considero, que un dos atractivos máis sólidos do texto confórmano as apreciábeis doses de etnografía e antropoloxía presentes, malia que debemos recordar que non estamos diante un tratado nin un ensaio. Por iso e por moito máis, eu arelo que esta novela chegue ao alumnado adolescente, para que a rapazada descubra –ou redescubra- unha mitoloxía que paulatinamente foi perdendo o hábitat natural. Tiven a honra de prologar esta novela, de recibir o manuscrito aínda a medio puír e de calibrar con Anxo as posibilidades dun texto dotado dunha estrutura inhabitual. Conto naquela presiña de parágrafos redactada hai máis de medio ano, que se me vise obrigado a definir a experiencia lectora d’\u003ci\u003eO alén dos barqueiros\u003c\/i\u003e en poucas palabras, diría algo así como “unha revelación no atlas de territorios conquistados pola \u003ci\u003epsique \u003c\/i\u003eda \u003ci\u003eethnos\u003c\/i\u003e”. Mantéñoo, pois existen unhas patrias herdadas por vía lendaria, e conscientemene ou non, nelas moramos. Mais ninguén debe fiarse das impresións alleas en algo tan persoal como a interpretación dun texto. Lean \u003ci\u003eO alén dos barqueiros\u003c\/i\u003e e xulguen; a indiferenza está descartada desde a primeira páxina. Palabra de letraferido. A novela conta ademais cun atractivo plástico, tal son as ilustracións do artista Humberto Loureiro (tamén coñecido como Humber Jumber), por iso, non debemos deixar pasar a oportunidade de asistir ás presentacións e de gozar d’\u003ci\u003eO alén dos barqueiros\u003c\/i\u003e. LIONEL REXES (Vasoiras de xibarda)\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e         \u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Fanes 12-2018\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003c\/p\u003e","brand":"Anxo Muiños","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":32644163502128,"sku":"9788494838392","price":18.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/O-al_C3_A9n-dos-barqueiros.jpg?v=1611231561"},{"product_id":"xinque","title":"XINQUE!","description":"\u003cp\u003eFanes, unha adolescente de ascendencia sueca e portuguesa, enceta o seu propio percorrido vital na procura dos misterios do mundo seguindo o ronsel do pai, o antropólogo Ingemar Westtertorma, no medio dunha Europa que esperta aos aires revolucionarios do Maio francés e a Primavera de Praga. No camiño a París encontra a Pada, xornalista estadonudinse de orixe irlandesa que percorre o continente escribindo artigos culturais, e logo a Astrid, unha escultora húngara que foxe da persecución política dos eu país. Os tres enrolaranse nunha viaxe iniciática de transformación que os levará por diversos lugares do mundo. Xinque! introdúcenos nun reflexivo descurso por diferentes ámbitos míticos e ideolóxicos de Oriente e Occidente, achegándonos as cosmovisións de culturas e pobos dos cinco continentes e poñendo todo en contextjo coa fonda metamorfose que o mundo experimentou no derradeiro terzo de século XX.\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eQue é Xinque!?\u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eÉ a segunda parte da saga que comezou con O alén dos Barqueiros. Naquel libro o protagonista era o antropólogo sueco Ingemar Westtertorma, que no marco da II Guerra Mundial viaxaba desde a súa terra até Portugal, pasando por diferentes países, entre eles a Galiza. En Xinque!, a protagonista, Fanes, é a filla daquel antropólogo; unha rapaza comunista que percorre diferentes países até rematar en California, en pleno auxe do movemento hippie. Esta segunda parte abrangue os anos entre 1965 e 1969 e remata cando militantes do movemento indio de Estados Unidos ocupan a prisión de Alcatraz, en San Francisco. \u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eFanes inicia o seu propio percorrido vital no medio dunha Europa que esperta aos aires revolucionarios do Maio francés e a Primavera de Praga. É unha especie de viaxe iniciática de transformación que a levará por diversos lugares do mundo. Diferentes ámbitos míticos e ideolóxicos de Oriente e Occidente, achegándonos as cosmovisións de culturas e pobos dos cinco continentes e poñendo todo en contexto coa fonda metamorfose que o mundo experimentou no derradeiro terzo de século XX.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eDi que fai parte dunha saga máis ampla...\u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eFai. A primeira parte é a de O alén dos barqueiros e céntrase na mitoloxía, aborda contos, lendas e supersticións. Esta, Xinque!, aborda máis ben as ideoloxías, nuns anos, os sesenta, nas que o mundo era un fervedoiro.Xa estou traballando na terceira parte desta saga, no que a reflexión dixírese máis ben ao que se deu en chamar as zonas temporalmente autónomas. A respecto da cuarta, teño en mente que sexa máis como unha road movie e xa a partir do século XXI. E haberá tamén unha quinta parte, se ben aínda estou pensando cal sería o eixo, ando a darlle voltas a temas como a etnobotánica, as multinacionais farmacéuticas...\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eNeste libro colaborou coa súa propia filla, Elia Gómez. Como foi a experiencia? \u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eMoi positiva. Foi algo que me axudou moito. Á hora de tratar a parte máis idealista precisaba desa visión moza, de xente nova. Eu creo que non podería pórme na pel e ela centrouse máis no emotivo. A colaboración foi moi proveitosa para ambos os dous e para o libro, claro.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eDi que as ideoloxías son protagonistas desta segunda parte da saga, nun contexto no que semellaba que era posíbel cambiar o mundo  da noite para a mañá. \u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eDespois daquilo veu a decepción, que é algo que tamén vou tratar. Os fillos daqueles revolucionarios moitas veces xa non quixeron saber nada daqueles soños. Certo que quedaron como zonas autónomas mais en trazos xerais pouco ficou daquilo.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cstrong\u003eEscribe poesía e escribe narrativa, dous mundos diferentes para vostede? \u003c\/strong\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEscribir poesía e escribir novela requiren para min estruturas mentais diferentes. Para min é menos esgotador escribir poesía, quizás pola miña propia forma de ser. A min escribir narrativa recoñezo que me esgota, quéimame. Porén, hai autores nos que é totalmente ao revés, como Xosé Luís Méndez Ferrín, que ten dito que lle custa máis escribir poesía. A poesía non ten por que entenderse racionalmente, hai moita maior liberdade, tamén para o lector. A poesía trabállase máis coa intuición; e hoxe en día, nun mundo tan tecnolóxico e tan racional, unha das poucas ferramentas que temos para espertar a intuición que temos atrapada é a poesía. A poesía non ten que estar mastigada, non ten por que entenderse. Ten esa liberdade.\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Toxosoutos 2021\u003cbr\u003eIdioma: Galego\u003c\/p\u003e","brand":"ANXO MUIÑOS, EILA GÓMEZ","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":39798549479472,"sku":"9788412392227","price":21.0,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/978841239222.jpg?v=1636448206"},{"product_id":"mas-alla-de-ulises","title":"MÁS ALLÁ DE ULISES","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eUn estudiante de antropología sueco es invadido por un mal de amor y un vacío existencial. Busca el sentido de su existencia en un viaje por la costa oeste europea, al mismo tiempo estudia las leyendas para hacer su tesis doctoral sobre la realidad esencial de los mitos. En el convulso año 1939, desde Irún le hacen un seguimiento policial, sospechan que es un espía ruso. En Portugal nace una historia de amor y retorna a Suecia con su amada, navegan por las islas británicas, Islandia y el Mar Báltico.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e _______\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003eEditorial: Fanes 05-2022\u003cbr\u003eIdioma: Castellano\u003cbr\u003ePáginas: 454\u003cbr\u003eNARRATIVA\u003cbr\u003eCULTURA MARINERA\u003cbr\u003eMAR\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"MUIÑOS, ANXO","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":40240270082096,"sku":"9788412399912","price":18.5,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/978841239991.jpg?v=1653324451"},{"product_id":"do","title":"DÓ","description":"\u003cdiv style=\"padding-left: 30px;\"\u003e\u003c\/div\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003eOs Haikus soun unha hierofanía, o máis dificil \u003c\/span\u003e\u003cspan\u003ee anular o Eu, e sentir que es unha canle cósmica. Só escribo dende a emoción, \"en movemento\", alén dos prantexamentos da arte Zen\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e____\u003c\/p\u003e\nEditorial: 9- Medulia 2022\u003cbr\u003eIdioma: Galego","brand":"ANXO MUÍÑOS","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":40519171440688,"sku":"9788419438065","price":11.9,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/products\/978841943806_1.jpg?v=1663102191"},{"product_id":"a-irmandade-da-bandeira-branca","title":"A IRMANDADE DA BANDEIRA BRANCA","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eEstamos ante a saga O Río Océano.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eAsí lle chamaban os gregos ao mar que rodeaba toda a terra.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003eeste mundo do mazín empeza co fío narrativo de Ulin, segue con O Alén dos Barqueiros e Xinque.\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan\u003ePersonaxes poéticos de Ulin, como o vello xitano irlandés, volven a existir epistotarmente na Irmandade da Bandeira Branca.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e_____\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eEditorial: Peruchela 04-2024 \u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"ANXO MUÍÑOS","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48247420125531,"sku":"9788412528114","price":16.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841252811.jpg?v=1715766711"},{"product_id":"a-linguaxe-corsaria","title":"A LINGUAXE CORSARIA","description":"\u003cp\u003e\u003cspan\u003eA goleta que partiu de California co proxecto de facer reportaxes etnográficos e naturalistas, naufraga nunha illa do Pacífico. Alí atópanse cunha comunidade corsaria e cunha lingua que da chaves para descubrir un tesouro.\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e_____\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e\n\u003cp\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eEditorial: Peruchela 04-2024 \u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003cbr\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003e\u003cspan style=\"vertical-align: inherit;\"\u003eIdioma: Galego\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/span\u003e\u003c\/p\u003e","brand":"ANXO MUÍÑOS","offers":[{"title":"Default Title","offer_id":48247483433307,"sku":"9788412528152","price":16.95,"currency_code":"EUR","in_stock":true}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/files\/978841252815.jpg?v=1715766795"}],"thumbnail_url":"\/\/cdn.shopify.com\/s\/files\/1\/0296\/0097\/2848\/collections\/marco-fotos-web-anxo-1.webp?v=1715767537","url":"https:\/\/libreriaabrente.es\/collections\/anxo-muinos\/idioma_castellano.oembed","provider":"Librería Abrente","version":"1.0","type":"link"}