Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦
ANTONIO PALACIOS

ANTONIO PALACIOS

Antonio Palacios Ramilo. Porriño (Pontevedra),1874 – Madrid,1945.

Arquitecto e urbanista, é unha das últimas grandes personalidades da arquitectura galega e  española de tradición ecléctica. Tradición que renova e enriquece nas primeiras décadas do século XX, nun momento confuso, no que conviven e se solapan tendencias diversas. 

En Galicia, atopamos exemplos da súa arquitectura en diferentes lugares. Como algunhas das construcións do Balneario de Mondariz. En pleno centro de Vigo, o Teatro García Barbón cun estilo inspirado na Ópera Garnier de París, a Casa Concello do Porriño, o Templo Votivo do Mar en Nigrán, o Templo da Veracruz en Ou Carballliño, a Fonte do Cristo no Porriño ou a Botica Nova (residencia e establecemento farmacéutico para o seu irmán José Palacios), na mesma localidade.

A súa arquitectura convértese en emblema, en referente dunha nova imaxe urbana, contribuíndo de forma decisiva a transformar Madrid en cidade moderna e cosmopolita