CULTURA URBANA E ARTE NAS RÚAS. PEGADAS NO MURO
- Enfoque integral: Trátase da primeira publicación destas características en Galicia que aborda o movemento dende tres perspectivas complementarias: a académica, a profesional e a artística.
- Temáticas de debate: Os textos, escritos por catorce especialistas de diversas disciplinas, profundan no papel da arte urbana como motor de cambio social e cohesión comunitaria. Tamén analizan temas candentes como a visibilidade das mulleres neste movemento, a conquista dos espazos rurais, o dilema da súa recente institucionalización e a fronteira entre legalidade e lexitimidade.
- Unha viaxe global e local: O libro percorre fitos e vilas galegas con gran tradición muralista coma Lugo, Ferrol (Canido), Carballo, Ordes, Burela, Fene, As Pontes, Vigo ou Compostela, pero tamén conecta con experiencias internacionais en Lisboa, México e Santiago de Chile.
- Participación directa de artistas: Ata oito creadores de renome achegan as súas reflexións ou deseños ao volume, dende os proxectos anónimos Primobanksy ou Ferrol Mola, ata recoñecidos muralistas como Diego AS, Bublegum, Edu Hermida, Emi de las Heras, Pía Piadosa e Yoe33.
Cultura urbana e artes nas rúas.
Analizar a relevancia das manifestacións artísticas coñecidas como arte urbana e muralismo contemporáneo é o obxectivo deste volume colectivo titulado Pegadas no muro. Cultura urbana e arte nas rúas .
Unha análisedesde o ámbito académico, mais tamén desde o profesional e do artístico. Non hai precedentes en Galicia dunha publicación similar, que aborde dun xeito integral o fenómeno dos graffitis, da arte urbana e do muralismo público, nun contexto
que abarca desde o internacional ao local.
O proxecto naceu en Lugo en 2024, ao abeiro dun curso celebrado na Facultade de Humanidades.
Coordinado polas dúas investigadoras da USC que tamén coidan da presente edición, Patricia Cupeiro e Miriam E. Cortés. Colaboran neste volume catorce especialistas de diferentes disciplinas.
O carácter de potente motor de cambio social destes fenómenos culturais (como ferramenta de identidade e cohesión comunitaria), a visibilidade das mulleres ou a conquista de espazos rurais son algúns dos temas tratados. Tamén, a recente
institucionalización do fenómeno –que fai emerxer dúbidas sobre a súa autenticidade
cultural– ou as tensións entre legalidade e lexitimidade.
Desde Lugo, cidade que estes anos acadou relevancia internacional grazas a algún dos seus espectaculares murais, viaxamos tamén por outras experiencias, en Galicia –Ferrol/Canido, Lugo, Burela, Fene, Ordes , Carballo, As Pontes, Vigo ou Compostela…– e fóra dela –Lisboa, México e Santiago de Chile–.
Así mesmo, ata oito artistas aportan as súas creacións: desde os anónimos Primobanksy ou Ferrol Mola ata Diego AS, Bublegum, Edu Hermida, Emi de las Heras, Pía Piadosa e Yoe33.
ESCRIBEN NESTA OBRA
Laura Luque Rodrigo
Lorena Arévalo Iglesias
Miguel Anxo Rodríguez González
Adris Díaz Fernández
Beatriz Fernández Herrero
Luzia Oca González
Aurelia Balseiro García
Alba Díaz-Geada
Begoña Fernández Rodríguez
Patricia Cupeiro López
Andrea Barreira Freije
Clara Rodríguez Cordeiro
Ascensión Moreno González
Antonio Alcántara Alcántarae
Índice
Palabras antes do muro
Arte no espazo público: conceptos para investigala, xestionala, conservala e gozar dela
Laura Luque Rodrigo..
Entre a reivindicación e a referencialidade.
O graffiti como visibilizador do sentir colectivo
Lorena Arévalo Iglesias.
Arte urbana como recurso: entre a identidade e a xentrificación
Miguel Anxo Rodriguez González...
Muralismo mexicano e arte urbana.
Expresións de resistencia e cambio social
Adris Díaz Fernández..
Muros de dignidade. Escritos, carteis e murais en Santiago de Chile durante o Estalido Social de 2019
Beatriz Fernández Herrero.
Quinta do Mocho: arte contra a exclusión social nun bairro da Grande Lisboa
Luzia Oca González...
Art is not a crime. Consolidación e reconecemento da arte urbana e o muralismo galego
Aurelia Balseiro Garcia..
Reflexións sobre as imaxes do rural nos murais urbanos na Galiza
Alba Díaz-Geada .
Retos para o patrimonio cultural do futuro.
A convivencia entre o patrimonio mundial e a arte urbana.
O caso da cidade de Lugo
Begoña Fernández Rodriguez.
As Meninas de Canido. Unha historia de amor
Patricia Cupeiro López.
Delas Fest Expandido: feminismos e arte urbana contextual
Andrea Barreira Freije e Clara Rodríguez Cordeiro.
Mediación artística nos muros.
Muralismo para a transformación social
Ascensión Moreno González .
Arte, educación e comunidade: Procesos colectivos para a transformación social
Antonio Alcántara Alcántara
pegadas sobre o papel.
Bublegum.
Diego AS
Edu Hermida
Emi de las Heras.
Pía Piadosa
Yoe33
Bibliografía e outras referencias
____
Editorial: Alvarellos 12-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 240
ARTE URBÁN
MURALISMO GALEGO