Ánxela repite 1º de Bacharelato obrigada polos seus pais. A súa vida sofre un cambio rotundo cando, a comezo de curso, meses antes da súa misteriosa desaparición, coincide con María, que a seduce para integrala nos Murnios, un grupo de hábitos diferentes ao resto de compañeiros e compañeiras.
Premio Jules Verne de Literatura Xuvenil, 2016
Fascinada pola acollida destas novas amizades, aceptará asumir as arriscadas probas a que os Murnios se autosometen decontino na procura de experiencias vitais extremas que os satisfagan, o que creará momentos de incerteza na feble personalidade de Ánxela, afectada pola incomprensión da súa familia e polo abandono intensamente doloroso da súa parella. Xa non estou aquí é unha novela que fala de sentimentos universais: da necesidade de pertenza a un grupo, do amor, da soidade e da morte... Unha novela coral onde dende diversos puntos de vista se pon de manifesto o cariz tan distinto que pode tomar a realidade dependendo dos ollos de quen a mira.
Idioma: Gallego

____
Editorial: XeraisIdioma: Gallego