Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

WASHINGTON SQUARE

€20,50
ISBN 9788411764056

Washington Square publicouse por primeira vez por entregas na revista inglesa Cornhill (xuño-novembro de 1880) e como novela en decembro dese mesmo ano. A obra, protagonizada por unha “fea e parva” Catherine (en palabras da protagonista), afonda nas relacións familiares dunha rica vinculeira cando o atractivo Morris Townsend pousa os seus ollos nela con intencións matrimoniais. O doutor Sloper, epítome do concepto de patriarcado, intenta protexela nun precario equilibrio entre o amor paterno-filial e a misoxinia. Con todo, a “vulgar” e “pouco interesante” Catherine é quen de erguerse, entre todas as demais personaxes, nun case heroico acto de rebeldía feminina disposta a pagar un alto prezo pola súa liberdade e por salvagardar a dignidade.

Henry James
Nado en Nova York o 15 de abril de 1843 e finado en Londres o 28 de febreiro de 1916, foi un escritor e crítico literario estadounidense nacionalizado británico contra finais da súa vida. Son ben coñecidas as súas novelas e relatos baseados na técnica do punto de vista, que lle permitiu efectuar unha análise psicolóxica de cada personaxe dende o interior deste. Foi fillo de Henry James Sr. e o irmán máis novo do filósofo e psicólogo William James.

___

Editorial: Galaxia 07-2025
Idioma: Galego
Páxinas:142
LITERATURA UNIVERSAL
TERROR GÓTICO