Fernando Barcia Veiras é unha das figuras máis destacadas do Santiago republicano, non obstante, o seu nome permaneceu ata o día de hoxe no esquecemento, incluso dos seus propios compañeiros. Presidiu a Asociación Socialista de Santiago dende 1931 ata o seu asasinato en 1938; mestre rural e presidente da Asociación de Traballadores do Ensino, desempeñou un papel fundamental durante os meses do goberno da Fronte Popular e na aprobación do Estatuto de Autonomía de Galicia.
A súa relevancia política e o seu carácter levárono finalmente a presidir o Comité Executivo para a Defensa da República, encargado de organizar a resistencia ao golpe de estado de xullo de 1936. Esta obra rescata a súa figura e, coa axuda de fontes orais, arquivos familiares e militares, hemerotecas, etc., reconstrúe, a través da súa vida, a historia do Santiago republicano, as súas rúas e tendas, o seu bulicio e os seus protagonistas. Juan Jesús González, Jesús Parrado, Ramona Blanco, volven visitar estes lugares atopándose con sinistros personaxes como Otilia Ulbricht ou Víctor Muñoz. Unha reconstrución histórica que nos permite reflexionar sobre o significado e o alcance da represión franquista. Este ensaio –que equilibra perfectamente o rigor documental e a claridade da exposición– enriquécese con máis de cincuenta imaxes e documentos –que inclúen as cartas de despedida de Fernando Barcia– e 17 ilustracións do pintor Alfonso Martínez. Inclúe, por fin, e por primeira vez, unha ruta completa polo Santiago republicano. Miguel Paz Cabo (Santiago de Compostela, 1985) é especialista en Historia Contemporánea, licenciado pola Universidade de Santiago de Compostela. Máster en Política de Medios, Mapas e Ferramentas para unha Nova Cultura de Cidadanía pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Psicopedagoxía pola Universidade de Barcelona. Profesor de Xeografía e Historia na educación pública, é investigador e activista da memoria democrática. O seu compromiso persoal coa busca do desaparecido Constante Liste Forján, veciño de Teo, e irmán de Enrique Líster, vinculouno co estudo deste municipio da rexión de Santiago, sobre o que realizou diferentes estudos e impartiu diversas conferencias. Participou no I Congreso Estatal de Vítimas de Franco coa comunicación “A represión franquista en Teo” e no 2012 coordinou a reunión de historiadores, arqueólogos, psicólogos e xuristas en homenaxe ás vítimas da ditadura celebrada no Consello de Teo. Tamén colaborou en diferentes exhumacións de vítimas do franquismo con asociacións para a recuperación da memoria histórica.
Idioma: Gallego

____
Editorial: AlvarellosIdioma: Gallego