Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

UNHA VERDADE AMARGA

€14,00
ISBN 9788491510598
Cando Daniel Pereria inicia os trámites para presentar unha demanda de paternidade contra Aurelio Salgado, a vida das dúas familias verase radicalmente trastornada.

Pilar e Carlos, por un lado, Daniel e Silvia, polo outro, buscarán xustificación á súa conduta, que remite a amores e desencontros, débedas pendentes, culpas non purgadas e aldraxes amoreadas en moitos anos de silencio. Entremedias, dous rapaces, Alberte e Marta, vítimas tamén dunha guerra que non é a súa. E Aurelio, paso a paso privado de recordos, sabe que avellentar é mirar atrás e enfrontarse a un pasado onde ás veces custa recoñecerse. Ao cabo, os vellos segredos de familia sempre acaban por aflorar, porque nin o amor nin o rancor poden agocharse eternamente. Unha historia sobre a identidade e a memoria. Díaz Núñez, Celia Naceu no Páramo en 1961. Vinculada desde os anos da infancia a Quiroga, reside en Ourense, onde desenvolve a súa actividade docente. Deuse a coñecer como narradora en 2003 cando publicou Adeliña, novela gañadora do premio Pura e Dora Vázquez, que volveu gañar en 2012 con Rugando. En 2007 obtén o premio Breogán de contos co relato "Un tango na noite". É autora de obras de teatro infantil: Cataventos e cía. (premio Barriga Verde de textos teatrais, 2004) e Velaí vai o papaventos (2014), o ensaio literario Voces na terra (1995) e materiais didácticos para a aprendizaxe da lingua galega.

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego