Tres balas é unha ficción novelada que debuxa con trazos precisos as poucas horas que caben nun día –non sabemos se o derradeiro– dun destes homes. Un relato vigoroso e breve no que tamén teñen cabida a pesares de todo, outros calores como a audacia e a lealdade e, se cadra, ata o amor.
Sangue, sexo e ruindade son os ingredientes de base empregados na elaboración desta curta historia que nos leva a un tempo no que un proxectil clandestino tiña un custe equivalente á paga dun xornaleiro. Tamén nos leva a un lugar domeado polo medo e a unha xente na que se mestura a loita perdida por uns ideais con outra loita desesperada por sobrevivir.
Idioma: Gallego

____
Editorial: EmboraIdioma: Gallego