Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

TOPONÍMIA DE RIBEIRA

€20,00
ISBN 9788417807238

O filólogo Fernando Cabeza Quiles, autor nesta mesma colección de Toponimia da Estrada (2018) e de Toponimia de Carballo (2020), indaga agora na orixe e significados das 215 formas que designan as entidades de poboación de Ribeira e algún outro accidente do relevo que considerou salientable. Cabeza é un dos principais divulgadores da realidade toponímica do país, socio fundador do Instituto de Estudos Bergantiñáns e membro da Asociación Galega de Onomástica.

A colección Terra Nomeada da Real Academia Galega e a Asociación Galega de Onomástica ten como obxectivo recompilar e estudar os nomes de lugar dos concellos de Galicia para saber cal é a súa motivación e o seu significado, o que nos fará máis conscientes da relación co noso pasado, de como se conformou a nosa sociedade, de como é a natureza en que habitamos, a súa fauna e as plantas.


____

Editorial: RAG 03-2023
Idioma: Galego