Actas do Simposio Internacional In Memoriam Xaquín Lorenzo 1996
TECNOLOXÍA TRADICIONAL: DIMENSIÓN PATRIMONIAL. VALORACIÓN ANTROPOLÓXICA
por VV.AA
€18,00
ISBN 9788495415348
A Sección de Antropoloxía Cultural do Consello da Cultura Galega trata de levar a cabo, dende hai doce anos, a tarefa de convocar simposios nos que se aborden temas de especial interese para Galicia e outras terras do noso ámbito espacial e cultural. Froito desta arela foi o encontro do que estas Actas son resultado. Dedicado a un tema de especial actualidade, o de etnicidade e nacionalismo, permitiu que estudosos de Galicia, da Península e doutros países de Europa puidesen achegar unha visión da temática baseada na pluralidade, mais sempre orientada por unha reflexión científica. A variedade de enfoques e de casos presentados por especialistas destacados converte estas Actas nun documento fundamental para a reflexión sobre as identidades étnicas e nacionais alén de visións apaixonadas ou partidistas. O encontro, como vén sendo habitual, estivo dedicado a unha figura galega destacada: don Manuel Murguía. A elección xustifícase polo feito de que D. Manuel foi no seu tempo un activo defensor da identidade diferencial galega e a súa obra un guieiro para quen queira saber sobre os inicios dun proceso de construción étnica e nacional de Galicia.
____
Editorial: Consello da Cultura GalegaIdioma: Gallego