Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

PACHECO: MEMORIA DE UN TIEMPO Y DE UN PAÍS

€24,50
ISBN 9788477829233
O Arquivo Fotográfico Pacheco está considerado como o mellor arquivo fotográfico histórico de Galicia, por albergar a obra máis extensa, valiosa e plural, e, como un dos mellores de España.

Situado no número 31 da rúa do Príncipe, pechou as súas portas en 1994, tras cento dez anos de actividade. Supón unha formidable memoria de xentes, rúas e acontecementos históricos na cidade de Vigo. En 2002 iniciouse a catalogación e dixitalización do devandito arquivo. Jaime de Sousa Guedes Pacheco, nado en Freixo de Espada à Cinta (Tras os Montes) en 1878 e finado en Vigo en 1954, foi un fotógrafo galego. Formouse como fotógrafo no estudo que o seu irmán tiña en Ourense e en 1899 asociouse con Xosé Gil. En 1915 fixou a súa residencia en Vigo onde abriu un estudo propio, despues de traballar desde 1907 con Cándida Otero, viuda do gran fotógrafo italiano Felipe Prósperi, que posuía unha gran cantidade de retratos que terminou cedendo a Jaime de Sousa e que hoxe forman parte do Arquivo Pacheco. Felipe Prósperi posuía establecemento fotográfico en Vigo desde 1870.

____

Editorial: AFUNDACIÓN
Idioma: Castellano