Mércores, 14 de decembro de 2005, 00:01 horas,. Rúa Cervantes. Ourense. Chove a reo e xa case ninguén circula polas desérticas rúas da cidade nos finais daquel outono. o interior dun piso, situado no corazón da Cidade Vella, unha anciá chamada Teresa mantén un enigmático diálogo cun home de mediana idade. Os sorprendentes sucesos posteriores a esta conversa poñen en marcha o equipo da Policía Nacional, comandado polo inspector Sala, para intentar resolver o enredo. Unha viaxe ao pasado, percorrendo diversas localizacións emblemáticas da provincia de Ourense e outras cidades do territorio nacional, levará a tres policías, un novelista, un forense e unha xuíza a intentar desvelar a vida desta misteriosa muller.
Idioma: Galego
____
Editorial: ToxosoutosIdioma: Galego