Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

OS SANTOS DAS NACIÓNS

€22,95
ISBN 9788484875116
O culto das reliquias é considerado na actualidade por moitas persoas como una supervivencia do pasado, que só se pode manter vivo grazas á práctica da liturxia. Mais, sobre todo, grazas á existencia das peregrinacións, fenómenos relixiosos, culturais e políticos á vez. Soamente o catolicismo, entre as relixións vivas do cristianismo occidental, mantén ese culto, pero insistindo en que nel non se trata de adorar uns obxectos ou restos humanos, senón a memoria dun santo ou santa consagrados seguindo os procedementos regulados polo dereito canónico dende a Idade Media.

O recoñecemento da autenticidade das reliquias tiña que ser feito cos protocolos canónicos determinados, que permitisen comprobar a existencia histórica da persoa que ía ser obxecto de culto, así como os feitos senlleiros da súa vida, milagres e normalmente tamén da súa morte, case sempre no martirio. Estas investigacións eruditas, baseadas nos textos e nos monumentos, tentaban frear moreas de intereses locais, rexionais, e ás veces tamén nacionais, que levaban a falsificar moitas reliquias, porque todas elas eran fontes de prestixio relixioso e político e daban moitos beneficios económicos.

Este libro achega un estudo completo a nivel europeo da orixe das reliquias, moi unida ás persecucións contra os cristiáns no Imperio Romano, das que se fai un detido estudo histórico-relixioso e xurídico. Partindo deses comezos, estúdanse os procedementos canónicos de recoñecemento do valor das reliquias, a súa conservación, e incluso o intercambio delas, normalmente ofrecidas como agasallos.

Non pode haber reliquia sen santo, e santo sen vida ou sen historia que contar, e por iso poderemos ver como nestes casos a historia mestúrase case sempre coas lendas, como acontece nos grandes reinos da Europa medieval. Neste libro ofrécese un estudo das lendas relacionadas coas reliquias do apóstolo Xacobe, para o caso de España, pero tamén dos outros grandes patróns dos reinos europeos.

____

Editorial: Laiovento
Idioma: Galego