Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ONCE BALADAS GALEGAS. VERSIÓNS SINXELAS PARA PIANO

€17,75
ISBN 9788498652840
Velaquí unha colección de once baladas clásicas da música galega, preparadas polo mestre Rogelio Groba.

Este libro ten como obxectivo facer accesibles estas pezas a calquera nivel de solvencia técnica, axeitadas para a interpretación tanto por estudantes como por afeccionados con coñecementos musicais básicos.

Rogelio Groba Groba
 (Guláns, Ponteareas, 1930- 2023). Estudou no Real Conservatorio de Música de Madrid. En 1962 trasladouse a Suíza, onde residiu sete anos. De volta en España foi nomeado director da Banda-Orquestra Municipal da Coruña, cargo que exerceu durante vinte e tres años. Foi fundador da Orquestra do Conservatorio Superior de Música da Coruña e da Orquestra de Cámara Municipal. Tamén foi director e profesor do conservatorio coruñés durante vinte anos.
Dende 1990 dedicouse só á creatividade musical, campo en que foi recoñecido co Premio Internacional Dante Luini (1973), Premio da Crítica Galega (1979), Premio Xunta de Galicia da Cultura (1992), Medalla Castelao (1995), Premio Internacional Auditorio de Galicia (2004), e co nomeamento de Fillo Predilecto de Ponteareas.
É membro da Real Academia Galega de Belas Artes, da Real Academia de San Fernando, de Madrid, e do Instituto José Cornide de Estudios Coruñeses. Recibiu o Premio da Cultura Galega 2011 na categoría de Música.
Dende 2002 presidia a Fundación Rogelio Groba. Como compositor supera os 560 títulos no seu catálogo, no que podemos atopar obras de todos os xéneros e estilos, dende óperas a sinfonías, concertos, cantatas, suites, un réquiem, abundante música sinfónica, de cámara, pianística, coral, para banda, e un longo etcétera.
Finado o 1 de xaneiro de 2023 na Coruña.

_____

Editorial: Galaxia
Idioma: Galego
Páxinas: 48
MÚSICA