Preguntástesvos algunha vez como sería ter un millón no banco? Ou mil millóns? E un billón? Ou mesmo un trillón? Pois preséntovos a Joe Spud.
Joe non necesitaba imaxinar como sería posuír diñeiro a carradas, diñeiro a dar co pé, montes e moreas de diñeiro. Porque só tiña doce anos, pero estaba o que se di total e absolutamente podre de cartos. Podía mercar calquera cousa que se lle antollase: un bólido de Fórmula 1, unha montaña rusa para el só, todos os xogos de ordenador do mundo… Todo, agás algo que o diñeiro nunca poderá comprar: un amigo.
Traducido por Eva Almazán
David Walliams (Surrey, Reino Unido, 1971) é un coñecido humorista británico, grazas ó programa de televisión Little Britain.
No ano 2008 comezou a súa exitosa carreira como autor de literatura infantil e xuvenil. Comparado con Roald Dahl, a súa prolífica escrita creou libros supervendas como A avoa gánster ou O rapaz do vestido, que foron adaptados á televisión pola BBC.