Escrito por María Reimóndez e ilustrado por Vanesa Álvarez. Unha orixinal historia entre un avó a súa neta tecida arredor do afecto, do humor e da gastronomía. E cunhas orixinais ilustracións inspiradas nos graffitis urbanos.
Avó e neta comparten o amor polo queixo. Entre eles establécese un divertido diálogo a través do que iremos descubrindo deliciosos queixos de Galicia e do mundo coma o Manchego, o Cebreiro, o de Arzúa ou o Gruyère. Os intres compartidos entre neta e avó convértense en grandes fiestras abertas a un mundo… que é redondo coma un queixo!
_____
Editorial: Verdemar
Idioma: Galego