Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

MARIA ZEF

€16,50
ISBN 9788412904253

Maria Zef é unha humilde rapazola friulana que percorre vilas e aldeas vendendo cacharros de cociña coa súa nai e a súa irmá pequena. O traballo é duro, pero Mariutine afróntao con alegría e afouteza. Porén, a prematura morte da nai lánzaa de súpeto a unha terrible vida adulta. Considerada hoxe a gran novela de referencia do Novecento, Maria Zef retrata con tanta dureza como mestría un mundo no que reina a opresión masculina e calquera forma de redención social é unha utopía. Unha novela fermosísima que atrapa desde as primeiras liñas.

____

Editorial: Irmás Cartone 05-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 194
NARRATIVA