Hai un territorio fantástico, coñecido na historia como "O Coto de Rubillón", que está situado no norte do concello de Avión e ó sur da Terra de Montes. Esta terra fascinante dorme caladamente á sombra da portentosa serra do Suído.
Toda esta bisbarra formou parte e serviu de axuda cos produtos que nela se cultivaban, para a mantenza dos cistercienses que, durante sete longos séculos pasaron polo mosteiro de Melón. Foi o rei Afonso VII, o emperador, quen lle fixo a eses mosteiro a doazón á perpetuidade destas terras montesías que están na cabaceira de dous ríos milagreiros: un, axudando a traer meniños a este mundo e o outro, facendo medrar e madurar as cepas do Ribeiro, para que o viño desta comarca puidera chegar á Galicia atlántica por medio dos arrieiros que, con recuas de mulas, ían repartindo ledicia polos pobos. Foron séculos de preitos, de foros, de compromisos, de esforzos inusitados por parte dos veciños para ir saíndo da fame día a día e cargando sobre os seus lombos un traballo xigantesco e colosal para así poder sacar adiante unha familia"
Idioma: Gallego

____
Editorial: ToxosoutosIdioma: Gallego