Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

O AXENTE SECRETO

€17,00
ISBN 9788412904291


Na súa vida diaria, o señor Verloc é propietario dun comercio no Soho, mais baixo esa máscara de normalidade agóchase un axente provocador que, a soldo dunha embaixada, finxe ser membro dun grupo revolucionario. Cando, obrigado polo seu xefe, se ve envolto nun complot terrorista para poñer unha bomba no observatorio de Greenwich e desacreditar así os anarquistas, os acontecementos descontrólanse e o que parecía ser unha historia sinxela acaba zarrapicando políticos, policías, diplomáticos estranxeiros e a sociedade elegante de Londres na máis escura e sorprendente das conspiracións. Verloc deberá afrontar entón as repercusións dos seus actos.
Unha historia sobre terrorismo, espionaxe e política, con todos os selos distintivos do seu autor: unha linguaxe escollida e poética, e unha fonda exploración psicolóxica de personaxes que só poderían ser obra dun talento irrepetible.

Joseph Conrad, nado como Józef Teodor Nałęcz Konrad Korzeniowski en Berdychev (Ucraína, daquela pertencente ao Imperio Ruso) o 3 de decembro de 1857 e finado en Canterbury (Inglaterra) o 3 de agosto de 1924, foi un novelista británico de orixe polaca. As súas novelas, etiquetadas ás veces de románticas, anticipan no tratamento do colonialismo e nas tinturas irónicas a nova estética do modernismo.

A súa obra narrativa, escrita toda en inglés, sitúase entre o realismo literario, na tradición de Charles Dickens e Fiódor Dostoievski, e o modernismo, sendo en boa medida a síntese dunha reelaboración autobiográfica. O mar e as aventuras da vida mariña narradas cun dominio lingüístico pouco usual calaron fondo nun pobo marítimo como o inglés. Bertrand Russell, que sentía verdadeira admiración pola obra de Conrad, bautizaría un dos seus fillos co seu nome.

A súa primeira novela, Almayer's Folly (1895), sitúa a acción na costa leste de Borneo. Nostromo (1904) é un estudo panorámico da revolución en Suramérica, mentres The Secret Agent e Under Western Eyes foron das primeiras novelas modernas en tratar do terrorismo e a espionaxe. O tránsito da mocidade ó mundo dos adultos e das súas responsabilidades é narrado co pano de fondo do mar e da vida a bordo en A liña de sombra. As operacións de tráfico de armas e as conspiracións políticas en que se viu envolto o Conrad mozo terían o seu reflexo na súa novela tardía, A frecha de ouro (The Arrow of Gold).

A novela máis coñecida é Corazón da escuridade (Heart of Darkness). Baseada na viaxe que fixera en 1890 polo río Congo, considérase un alegado contra do colonialismo europeo en África, pero é tamén unha historia de nobres ideais que se transforman en barbarie e perversión. 

____

Editorial: Irmás Cartone 09-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 347
NARRATIVA