Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O AMULETO

€13,00
ISBN 9788412128055
Malia ser hoxe moi estimada, en 1873, ano da publicación desta primeira novela breve de Conrad Ferdinand Meyer, foron abondos os críticos que viron nela unha imitación dos vellos modelos narrativos da literatura francesa e mesmo chegaron a acusar o autor zuriqués de plaxiar a Mérimée. O marco espazo-temporal é a noite do 24 de agosto de 1572 en París, cando se perpetrou o soado masacre dos hugonotes, do cal o mozo protagonista, Hans Schadau, sairía con vida, pero non así o seu compatriota Wilhelm Boccard, un católico natural da cidade suíza de Friburgo. En paralelo á trama, na novela abrollan temas como o albedrío, a forza do destino ou a tolerancia relixiosa, que Conrad Ferdinad Meyer trata de xeito solemne, como o gran poeta lírico in fieri que entón era. Houbo que agardar até finais do século XX para que esta novela curta de simbólico título, O amuleto, fose considerada clave na forxa do estilo narrativo dun escritor de gran talento e proclive a abordar feitos históricos obxectivos cunha subxectividade sen ataduras. Neste sentido, a carga historicista segue as pautas estruturais fixadas en lingua inglesa por Walter Scott, mentres que os personaxes centrais aparecen perfilados sobre modelos reais: o autor e as súas amizades; Schadau, por exemplo, é un álter ego de Meyer.

Este opúsculo traslada á ficción un caso criminal real acontecido en 1625. Á hora de reformulalo, o autor quixo dividilo en dúas partes diferenciadas: na primeira plasmou os fragmentos do diario de Erik Sørensen, o maxistrado encargado de xulgar a Søren Qvist, párroco acusado de asasinar o mozo Niels Bruus; na segunda, máis breve e posterior no tempo, optou por fiar o relato coas notas do señor Jens, párroco de Ålsø. Conxuntamente co xiro do final, tan xenuíno marco supón un dos puntos clave da obra, na medida na que evidencia o talento do autor para, por unha banda, facer unha exposición de caso e, pola outra, abrir a historia a interpretacións varias, sempre consonte as versións das testemuñas e dos implicados. Así pois, en certo sentido, bríndaselle ao lector a posibilidade de se erixir en xuíz e mesmo de confrontar os fundamentos do dereito e da xustiza.        

____

Editorial: Hugin e Munin
Idioma: Gallego