Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

O AMIGO

€20,00
ISBN 9788419795113
Cando unha escritora perde inesperadamente un amigo de toda a vida, decide facerse cargo do seu can. A súa propia batalla contra o loito intensifícase co sufrimento mudo do can, un gran danés arlequín, e coa ameaza do desafiuzamento, xa que está prohibido ter animais no seu pequeno apartamento.

Illada do resto do mundo, comeza a obsesionarse co coidado da mascota, o cal lle serve de escusa para reflexionar sobre a vida, a morte, o amor, o sexo, os animais, a escritura e a sociedade actual.

Traducido por Moisés Barcia

Sigrid Nunez (Nova York, 1951) é unha recoñecida autora estadounidense, con nove novelas publicadas e traducida a máis de trinta linguas. Colaborou en numerosos medios de comunicación, como The New York Times, The Wall Street Journal, Paris Review ou Harper’s e impartiu clases nas universidades de Princeton, Columbia e Boston. Entre a súa produción destaca A Feather on the Breath of God, The Last of Her Kind, Salvation City, What Are You Going Through e O amigo, coa que gañou o National Book Award.

____

Editorial: Rinoceronte 12-2023
Idioma: Galego