Nin me amoles, de Ana Carreira, conforma o número 28 da colección Biblioteca Dramática Galega, que integra as obras gañadoras dos premios Álvaro Cunqueiro para textos teatrais e Manuel María de literatura dramática infantil convocados pola Axencia Galega das Industrias Culturais.Gañadora do Premio Manuel María de literatura dramática infantil 2022, a obra aborda temas determinantes na sociedade contemporánea en relación coa infancia. Lola é unha nena que sofre os abusos do seu compañeiro Mamalón; que aguanta as impertinencias da súa veciña Meticona e resígnase á ausencia da súa nai, que, aínda presente, nunca pode xogar con ela. Pero un día, ao volver da escola, da súa mochila sae Nin, trasno ou trasna segundo lle pete, a quen só Lola pode ver. Entre xogos e reviravoltas, Nin apréndelle á nena outro xeito de enfrontarse aos problemas.
____
Editorial: XUNTA DE GALICIA 05- 2022Idioma: Galego