O doutor Theodor Busbeck, autor dunha delirante teoría sobre a maldade humana, comete un erro: casar con Mylia, unha das súas pacientes. Mylia debe ingresar nun manicomio dirixido polo doutor Gomperz, némese de Busbeck, e alí ten un fillo con outro paciente, Ernst Spengler. Os camiños destes cinco personaxes confluirán cos da prostituta Hanna e o seu compañeiro, Hinnerk, nunha noite desapracible.
Gonçalo M. Tavares (Luanda, 1970) é un recoñecido escritor portugués, premiado tanto no seu país coma no estranxeiro. Comezou a publicar en 2001, e as súas numerosas obras chegaron a medio cento de países. A súa novela Xerusalén recibiu en 2005 o premio José Saramago (quen expresou a súa admiración polo autor) e en 2007 o premio Portugal Telecom de Literatura.
____
Editorial: Rinoceronte 10-2024 Idioma: Galego Páxinas: 246