Maruja Mallo foi unha das pintoras máis potentes, innovadoras e internacionalmente coñecidas da plástica española.
Traballaba con rigor, obsesionada pola técnica e a composición, e produciu ao redor de cen cadros en case sesenta anos de actividade. O seu traballo e a súa actitude vital evidencian unha singular personalidade capaz de crear unha obra dificilmente clasificable. Este catálogo complementa a extensa mostra que lle foi dedicada no Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago de Compostela), en 1993, aínda en vida da artista. Inclúe obras de todas as súas etapas e algunhas ata entón inéditas, así como unha importante selección documental textual e gráfica.
Idioma: Gallego

____
Editorial: Xunta de GaliciaIdioma: Gallego