Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

MANUELA BRANCO ROMASANTA, O LOBISHOME ASASINO

€28,00
ISBN WP587
Manuela Branco Romasanta, o lobishome asasino é a crónica do home lobo Romasanta, baseada no sumario do xuízo que se conserva completo no Arquivo do Reino de Galiza baixo a signatura 1788. É un dramático documento sobre a cara oculta da especie humana e un bo retrato da sociedade do seu tempo, primeira metade do século xix...

Manuela Branco Romasanta, o lobishome asasino é a crónica do home lobo Romasanta, baseada no sumario do xuízo que se conserva completo no Arquivo do Reino de Galiza baixo a signatura 1788. É un dramático documento sobre a cara oculta da especie humana e un bo retrato da sociedade do seu tempo, primeira metade do século xix, con datos sobre vida cotiá, economía, vestimenta, medicina, administración de xustiza e, por suposto, sobre determinadas crenzas tradicionais. Podería considerarse un episodio, moi destacado, do longo enfrontamento entre tradición e modernidade. O caso e a complexa personalidade do protagonista, un ser ambiguo, afábel, sedutor, devoto e á vez sospeitoso de crimes horrendos, que atraeron, aínda que non sempre polas mesmas razóns, as xentes do campo e as da cidade, a autores de romances populares, a xornalistas, a escritores e a cineastas. Ao final o autor contribúe a unha das múltiples lecturas posíbeis dos feitos, realizada desde a antropoloxía en colaboración con outras ciencias, nun intento de aclarar por que Branco Romasanta se convertía en lobo.

____