Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

MAIMAI

€17,00
ISBN 9788419795144
A repentina morte de Mitsuko colle a todo o mundo por sorpresa, incluídos os clientes da súa libraría. A xente que vén darlle o pésame ao seu fillo Tarô esperta nel un novo interese polos detalles da súa historia familiar e os segredos que a súa nai levou á tumba. Ao mesmo tempo, reencóntrase cun antigo amor, que continúa vivo, e deciden casar, pese a quen pese.

Aki Shimazaki
Nada no Xapón en 1954, Aki Shimazaki vive no Canadá, onde dá clases de xaponés e escribe narrativa en francés, sempre con título nipón.
Entre 1999 e 2005 publicou unha pentaloxía, composta polos títulos Tsubaki, Hamaguri, Tsubame, Wasurenagusa e Hotaru, aclamada pola crítica e premiada en varias ocasións.
No ano 2013 rematou a súa segunda pentaloxía, e comezou outra, da que forman parte Azami, Hôzuki e mais Suisen, publicados en galego por Rinoceronte.

____

Editorial: Rinoceronte 12-2023
Idioma: Galego