Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

LUAR NA LUBRE – XV ANIVERSARIO

Agotado
€11,95
ISBN 685738764228

Lista de temas
14 O berce do sol
13 Muiñeira do Miño
12 Heicho de dar
11 O trebón
10 Pola ponte de San Xoán
09 A frol D´Augoa
08 O son do ar
07 Galaecia
06 Chove en Santiago
05 Terra
04 Nau
03 Tu gitana
02 Grial
01 Camariña

Ano: 2001

O álbum “O Mellor de Luar Na Lubre: XV Aniversario” componse de 14 temas, incluindo tres novas composicións, versións en directo, novas mezclas, duetos, así como todos os seus grandes éxitos.
Consolidados como o grupo de folk mais importante do noso país, Luar Na Lubre tamén quixo neste novo traballo recuperar antigas composicións do grupo hoxe por hoxe difíciles de encontrar (“O Berce Do Sol” e “Muñeira do Miño”), en novas versións gravadas en directo no teatro Rosalía de Castro de A Coruña o pasado 2000.
O novo disco inclue tamén 3 composicións inéditas. “Camariñas”, “Grial” e “Terra”, unha mostra das novas ideas musicais do grupo, que sempre mira con optimismo ó futuro.
O álbum completase con tres colaboracións de luxo.
Pablo Milanés interpreta un dueto con Rosa Cedrón de “Tu Gitana”, un dos temas emblemáticos do grupo.
Ismael Serrano presta a súa inconfundible voz a “Chove En Santiago”, a canción que definitivamente consagrou a Luar Na Lubre e se convirteu nun auténtico hit-folk.
Hevia, un dos instrumentistas máis sorprendentes surxidos no noso país nos últimos anos aporta a súa maxia en “Grial”, un dos novos temas do disco.