Ir a contenido
Gastos de envío desde 3,30€! 📦
Gastos de envío desde 3,30€! 📦

LUAR NA LUBRE – HAI UN PARAISO

€11,95
ISBN

Lista de temas
11 Pando
10 Versos de luz
09 Cantigas Alfonso X
08 Achégate
07 Corme
06 Rivadavia
05 No mundo
04 Memoria da noite
03 Uah lúa
02 O meu país
01 Hai un paraiso

Ano: 2004
Trala emocionante experiencia irlandesa de Espiral, un disco gravado baixo os designios do mítico productor Donald Lunny, Hai un paraíso constitúe un oportuno certificado de maioría de idade. No seu ano número 18, LNL soubo producir o seu álbume máis persoal (o que equivale a dicir o máis colectivo). Concebido aínda baixo a conmoción do Prestige e toda a súa inmensa mancha de podredume, este oitavo lanzamento non oculta nin a dor nin a rebeldía, pero constituúe un esperanzado paso adiante e a asunción dun compromiso vital -acaso máis inquebrantable que nunca- coa terra dos ancestros.

A aparición de Hai un paraíso coincide cunha excelente largometraxe documental sobre o grupo, Un bosque de música, na que o cineasta Ignacio Vilar demostra de forma irrefutable a íntima relación entre a banda, a súa música e esa Galicia misteriosa, máxica e exuberante que se desparrama por costas, vales, montañas e recovecos a millares. Un bosque… gravouse a finaies do verán durante dúas intensas semanas no mosteiro ourensá de O Barco de Valdeorras e converteuse así na mellor posta a punto posible de cara á subseguinte gravación de Hai un paraíso. Con esa película, quenes se namoraran dos sons de Bieito, Rosa e os seus comprenderán aínda mellor que o miragre galego de Luar na Lubre no sería posible en ningún outro rincón do universo.

*Ub: 0