O Libro de Emblemas é unha obra fundamental para comprender a mentalidade do Renacemento e do Barroco, pois ofrece a clave de lectura de numerosas obras artísiticas e literarias destes períodos.
Malia non existir acordo ao respecto, a maioría dos estudos sobre a datación da Bhagavad estiman que foi redactada ao redor dos séculos V e II a. C. A Bhagavad Gītā fala do doloroso debate interno que sofre o arqueiro Arjuna, quen, enfrontado ante idea de ter que loitar a morte contra os seus familiares, non é quen de decidirse a cumprir coa súa obriga, e vese superado pola dúbida e a depresión. Nesta delicada situación, o seu amigo e conselleiro, o avatar Kṛṣṇa, ínstao a que cumpra co seu deber e se dispoña a loitar, pois o papel de Arjuna é crucial nesta guerra. No século XVI, influenciados polo legado pseudoexipcio, da tradición simbólica da Idade Media e da propia da mitoloxía clásica perfilouse unha nova linguaxe, a emblemática, ao que lle deu forma e contido o xurista e humanista Alciato. Destes emblemas fixéronse máis de 150 edicións, e foi tal o interese dos lectores e lectoras por este novo xénero literario que se publicaron máis de catro mil obras de emblemas desde o século XVI ao XVIII. Estes emblemas están constituídos por un lema ou título, unha ilustración, e un epigrama que servía de glosa, comentario ou explicación do propio lema e da imaxe. Esta nova forma de arte conxunta de imaxes e epigramas creou un novo xénero artístico-literario no mundo occidental, chamados emblemas e reproducidos en edicións que contiñan coleccións de epigramas escritos polos autores dos propios libros e ilustrados con imaxes de afamados e virtuosos gravadores da época. Os emblemas respondían a unha dobre tentativa; un fin didáctico, propio da estética do Renacemento e xeralmente aplicado á poesía, pero moi claro nos emblemas; e o desexo de combinar varias artes nunha expresión complexa. Con esta unión pódense ilustrar e exemplificar especulacións morais, científicas, relixiosas ou filosóficas, de modo que a palabra se fai imaxe, delineando con coidado e detalle calquera cousa que o autor quixese.
Idioma: Gallego

____
Editorial: RinoceronteIdioma: Gallego