Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

LECCIONS DE GAITA

€22,00
ISBN 9788411763981

Coa celebración do seu 75 aniversario, Editorial Galaxia recupera o espírito innovador que demostrou nas súas publicación desde 1950 traendo aos lectores e lectoras do século XXI moitas destas obras innovadores que supuxeron unha renovación do mundo cultural galego e, por extensión, tamén da súa sociedade.
O terceiro volume desta colección conmemorativa é a reedición do método para gaita de Enrique Otero Covelo (Vigo, 1930-2013), coñecido como de O Gaiteiro do Frago. Leccións de gaita, publicado por Editorial Galaxia en 1978, que se completa co cuarto curso, rexistrado por Otero en 1980, mais inédito para o público.
Esta metodoloxía, próxima a facer o medio século de existencia, marcou un fito nas edicións pedagóxicas da música galega e da aprendizaxe da gaita galega en par- ticular. Enrique Otero foi o primeiro gaiteiro da tradición en realizar unha proposta semellante xuntando os seus coñecementos e experiencia como músico da Banda Municipal de Vigo, onde tocaba o bombardino, coa súa militancia na tradición musi- cal en grupos da contorna, pero recoñecidos en Galicia enteira, como Os Cruceiros.
Entre outras atopamos pezas tan senlleira coma “Alborada de Pontecaldelas”, “Muiñeira de Chantada”, “Marcha doantigo Reino de Galicia”, “Foliada de Monforte” e “Foliada de Tenorio”.
Estas leccións de gaita é, pois, a referencia fundamental na pedagoxía da gaita galega, e a súa reedición, co engadido do curso cuarto, fai xustiza ao mestre Otero, artífice desta proposta que, sen dúbida, permitiu poñer as bases de futuro para a meto- doloxía do estudo instrumental da música galega.

ÍNDICE
INTRODUCIÓN. Xaime Estévez Vila...
LECCIÓNS DE GAITA

1° CURSO
A gaita e a súa orixe
Escola da gaita...
Tonalidades da gaita.
Escala xeral da gaita..
Familia completa de gaita...
Escrita para o ronco e o ronquillo...
Escala xeral e a súa dixitación..
Escala cromática e a súa dixitación..
Exercicios de preparación..
Exercicios, estudos melódicos e cancións ...
Sentimento a, la, la..
"Xa fun a Marín"
"Muiñeira n° 1" Sobre o picado...
Características do picado.
Exercicios de picado
"A miña Rosiña",
"Muiñeira n° 2" .
"Festa na eira"
"Himno marcha do antergo Reino de Galicia"
"Tempo de alborada"

2° CURSO
Formas de cadencias.
"Tempo de danza"
"A freixa"
"Xota dos mariñeiros"
"Foliada de Monforte"
"Alborada de Ourense"
"Danza picada"
"Morriña"
"Danza das zocas"
"Xota de Ribeira"

3° CURSO
Tonalidade menor da gaita..
Cambio de oitava na gaita.
"Muiñeira de Chantada".
"Alborada de Rosalía de Castro"
"Foliada de Tenorio"
"Xeituras"
"Lembranzas do gaiteiro"
"Carballesa de Morrazo"
"Danza de damas e galáns"
"Muiñeira"
"Alborada de Pontecaldelas"

4° CURSO
Exercicio 1...
"Muiñeira n° 3"
"Concerto n° 1"
Exercicio 2.
"Concerto n° 2"
Exercicio 3
"Concerto n° 3"

ACCESO A QR DE PARTITURAS EN DO E ORIXINAL DO "4° CURSO" ....

____

Editorial: Galaxia 03-2025
Idioma: Galego
Páxinas: 116
GAITA GALEGA
MÚSICA TRADICIONAL