LAIO POLO IRMÁN AUSENTE. CASTELAO NO EPISTOLARIO DE OTERO PEDRAYO E OUTRAS VOCES
€12,50
ISBN 9788482889290
En edición ao coidado do profesor Xesús Alonso Montero, Editorial Galaxia publica a correspondencia escrita arredor da enfermidade e da morte de Castelao. Un feito que fixo abalar a comunidade galeguista tanto no exilio americano coma en Galicia e que fai desenvolver unha intensa actividade epistolar da que é centro principal Ramón Otero Pedrayo. Un testemuño emocionante, de gran valor documental e literario.
Reúnese en Laio polo irmán ausente un epistolario que abrangue desde 1942 ata 1975 e no que participan, amais de Otero Pedrayo, persoeiros e escritores coma Manuel García Barros, Valentín Paz Andrade, Florentino López Cuevillas, Ben-Cho-Shey, Rodolfo Prada, Vicente Risco, Fernández del Riego ou Ramón Cabanillas, entre outros. Xa desde meses antes do falecemento de Castelao se producen unha constelación epistolar que ten como centro a Ramón Otero Pedrayo. Cartas valiosas e conmovedoras dirixidas a dona Virxinia, ás irmáns de Castelao, aos camaradas da diáspora a aos do exilio interior. A través deste libro pódese reconstruír, dada a súa relevancia documental e literaria, o universo espiritual da irmandade galeguista no momento da desaparición da súa personalidade máis emblemática. Un tempo e un feito cruciais para a historia de Galicia e da cultura galega.
Idioma: Gallego

____
Editorial: GalaxiaIdioma: Gallego