Quen foi realmente Xesús de Nazaret? Cun estilo ameno e directo, o autor clarifica definitivamente unha figura tan fascinante e valorada como descoñecida.
Logo de analizar nun libro anterior as circunstancias sociais, familiares e persoais de Xesús de Nazaret, neste novo volume estudamos as razóns que levaron unha pequena seita, xurdida do xudaísmo, a converterse en paradigma cultural e moral de Occidente e en relixión preponderante a nivel mundial. E, asemade, como eliminados os trazos primixenios, a progresiva sublimación de Xesús, de artesán a predicador, de predicador a mesías, de mesías a mito, de mito a Deus, foi unha elaboración artificiosa na que correron parellos o abandono da realidade histórica e a universalización da súa figura e da súa mensaxe. Xulio López Valcárcel Poeta e narrador, membro da Asociación Española de Críticos Literarios, ten publicado, entre outros, os seguintes libros: Véspera do día, Solaina da ausencia, O sol entre os dedos, Memoria de agosto, Casa última, A melancolía dos corpos, Límites e Outono nos espellos. Así mesmo é autor dos libros de relatos: Anel de mel e Campo de Marte. Como ensaísta publicou a edición da Poesía galega de Miguel González Garcés, Sinais na Area, Mineiro de Luz, Confesión de Parte, O escano baleiro, Raíz e Canto (III volumes) e A Invención dun Deus. Xesús de Nazaret (II volumes). En posesión de numerosos premios, a súa obra foi traducida a varios idiomas.
Idioma: Gallego

____
Editorial: LaioventoIdioma: Gallego