Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

HOTEL PARA COLECCIONISTAS DISCRETOS

€13,00
ISBN 9788491513124
Nas altas esferas de poder da patria só hai psicópatas.

Neuróticos antolladizos que manifestan a súa absoluta carencia de empatía coa sociedade a través do coleccionismo de caprichos. A soidade empurra á empresaria Amalia Valverde a integrarse neste grupo de coleccionistas discretos e poderosos, mais a súa morte pon en marcha un novo reto a través da súa filla, Lara, e o seu amigo Andrés Caibo: reunilos no hotel Continente cun fin esperanzador. Hotel para coleccionistas discretos é unha novela coral apegada á actualidade que deixa no aire máis preguntas que respostas nas súas múltiples lecturas. ¿Ata onde son quen de chegar por manter o seu status de poder os coleccionistas discretos? ¿Pode unha patria fráxil soportar os seus antollos? Cun estilo moi persoal, onde resaltan a pulcritude expresiva e o dominio da palabra, Diego Giráldez pescuda na relación entre a literatura ficcional e a actualidade máis crúa, retorcendo a realidade con doses de humor e atmosferas delirantes. “Incluído no catálogo da OEPLI 2018 como un dos mellores do ano” DIEGO GIRÁLDEZ (O Porriño, 1976) leva toda a súa vida profesional vinculado ao xornalismo. Dirixiu distintos xornais e revistas, e  colaborou como columnista de opinión en medios como A Nosa TerraA Peneira e Xoral de Galicia, e, a través de reportaxes culturais, con El País. Na actualidade escribe para o diario dixital Praza Pública e a revista Luzes e dedícase profesionalmente á comunicación corporativa. Licenciado en Historia del Arte, ten varios traballos publicados, que van dende a arquitectura ata a historia económica. Sen renunciar á creación literaria, con vinte anos participou, canda outros autores, no poemario Baldío. Máis tarde, en 2016, saía á luz Galería de saldos, o seu primeiro traballo literario de narrativa. Este libro de relatos valeulle o aplauso unánime de crítica e público, sendo elixido "Autor galego do ano" polo lectorado da revista Fervenzas Literarias. En 2010, gañou o Premio Literario "José Saramago" de relato curto. Ese mesmo ano recibiu na súa localidade de nacemento o Premio Círculo "Cultura". En 2015, fíxose co primeiro accésit do Certame Nacional de Narracións Breves "Modesto R. Figueiredo" e un ano despois gañou o prestixioso premio literario "Manuel Murguía". Foto do autor: © Thomas Harris e Mateo H. Soto

____

Editorial: Galaxia
Idioma: Gallego