Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

HOMES E MULLERES DE SAL E FERRO

€35,00
ISBN 9788409634910

175 fotografías en branco e negro.

O fotógrafo muxián Xesús Búa retratou desde hai moitos anos os percebeiros das cofrarías de pescadores de Camelle, en Camariñas, e de Muxía mariscando nas pedras das Lobeiras, Punta da Barca, Punta da Buitra, cabo Touriñán...

A través da historia gráfica que nos propón neste libro, o autor describe a xornada completa de traballo destes percebeiros da Costa da Morte, desde que almorzan na casa, baixan ao mar e saltan ás pedras para centrarse na loita coas ondas ata rematar coa escolla do produto cando volven á terra. Ademais, repartidos por entre o relato, inclúe numerosos retratos dos protagonistas.

Son imaxes potentes de homes e mulleres poderosas, curtidas polo sal, recias e fortes, física e psiquicamente, duras coma o ferro ben afiado da súa rasqueta, que se achegan aos perigosos e batidos riscos e pedras onde recollen exquisito manxar co que o Atlántico nos agasallla e que, en condicións moi duras e arriscadas, apañan eles para gañarse a vida.

O relato visual vai acompñado de textos e poemas de sete autores desta Costa da Morte que, chea de enorme beleza, tamén é costa de vida.

____

Editorial: Libros Canela 12-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 200
TAPA DURA CON SOBRECUBERTA
FOTOGRAFÍA
IMAXES DUN PAÍS