Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

HISTORIAS DE BARBANTIA (copia)

€17,50
ISBN 9788411762083

O amante expresionista narra a biografía dun home que percorre diferentes cidades e países na procura da súa identidade até que a atopa en Galicia. Unha viaxe iniciática que o levará por Vigo, Barcelona, Madrid, Valencia, A China, O Xapón, Suíza e O Canadá. O libro constitúe unha reflexión sobre a paternidade desde dous puntos de vista: a do pai e a do fillo. O amante expresionista é, tamén, unha homenaxe á historia do cine. Un relato que trata da maxia das imaxes, do fado, dos lazos de sangue e dos emocionais, das linguas, da importancia de amar e daquilo que perdemos consonte vai transcorrendo a vida que nos leva.

Álex Mene

(Vigo, 1969) é doutor en Belas Artes pola Universidade de Vigo e licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid, cidade onde tamén se especializou en Realización e Produción no Instituto Oficial de Radio e Televisión.

Na actualidade exerce de catedrático de Debuxo nun instituto público de Galicia. No ano 2018 publicou o álbum ilustrado A raíña das tortas. Con Indómita e a semente da inmortalidade gañou o I Certame de Literatura Infantil e Xuvenil “Muíño do Vento”. En 2020 obtivo o 3º premio no Certame de narracións breves Manuel Murguía polo texto titulado A herdeira, relato que se publicou no volume colectivo A garza en chamas. En 2021, publicou a novela Ana e as súas irmás e recibiu o premio de poesía Concello de Carral polo seu primeiro poemario, titulado Os puntos do impacto, ano en que tamén publicou o álbum ilustrado A encantadora de Serpes. En 2023, publicou a novela A luz nos teus ollos.

____

Editorial: Galaxia 05-2024
Idioma: Galego