Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

HISTORIA DA PRODUCIÓN DE ACEITE EN GALICIA. DA OLIVEIRA Á MESA

€20,00
ISBN 9788445353813

Esta monografía es un recorrido por distintas etapas de la historia de Oliveira en Galicia.

A historia das oliveiras galegas e dos nosos aceites debe inserirse dentro das dinámicas da produción agraria histórica, pero tamén dos procesos xerais relacionados co consumo de aceites ou os hábitos alimentarios no pasado. Tamén temos que ter en conta as condicións do territorio para este cultivo, a súa capacidade para facer dun plantío (neste caso as oliveiras) o sustento dunha comunidade, da orografía e das condicións que poden facilitar unha comercialización que dea pulo a un crecemento. Como sucede en moitos aspectos do tema que nos ocupa, as investigacións e recursos existentes para abordar estas cuestións son limitadas.

Índice 11
Presentación 12
O contexto As condicións do territorio Unha pegada evidente: a toponimia 14
Un produto relativamente común pero non sempre accesible 22
Unha historia longa e fecunda A romanización A Idade Media Os séculos modernos Os séculos XIX e XX 41
Da árbore á mesa O cultivo da oliveira As variedades A elaboración do aceite 64
As oliveiras galegas e o seu aceite na actualidade A desaparición das oliveiras O rescate da tradición O sector na actualidade Unha delicatessen emerxente 75
Conclusións 123
Bibliografía citada 127
Siglas empregadas

 

As condicións do territorio

Malia a súa escasa pegada actual, as condicións do territorio galego permitiron o cultivo da oliveira en tempos históricos. Isto débese ao clima temperado do país que, aínda sendo de carácter húmido, presenta amplas zonas de clima mediterraneizado e pequenas bisbarras cun microclima que permitiu o desenvolvemento desta especie. Son, polo xeral, zonas con choivas medias, de forte insolación, invernos suaves e veráns cálidos, que presentan terreos quebrados nos que non é difícil atopar leiras protexidas da inclemencia, que é o que máis dano lles pode facer1. As oliveiras instaláronse nuns lugares, nas abas protexidas das xeadas, noutros, naquelas máis soleadas ou naquelas comarcas máis acaídas; un pouco por todas partes como cultivo que permitía poñer en produción terras difíciles de traballar co arado ou de escaso rendemento cerealeiro. A súa gran competidora polo nicho ecolóxico e agrario foi posiblemente a vide e, de feito, acabaría sendo substituída por ela en moitas comarcas, aínda que este fenómeno non tivo que ver coa aptitude do territorio senón coa máis doada comercialización do viño. A presenza da oliveira cultivada en Galicia remóntase ao período romano, nos inicios da era Cristiá, e os testemuños son indubidables. Non obstante, os datos paleobotánicos apuntan á existencia en tempos anteriores dun parente silvestre, o zambuxeiro (Olea europaea var. Sylvestris), que aínda hoxe medra de xeito espontáneo en numerosas zonas do macizo galego-miñoto. Os datos máis fiables constatan a súa presenza, cando menos, nos últimos tempos da Idade do Bronce Final2. Había condicións para a supervivencia da especie pero non o aproveitamento. A oliveira cultivada e a elaboración de aceite chegaron da man dos romanos e desenvolvéronse historicamente segundo as pautas previsibles condicionadas polas circunstancias xeográficas. Non obstante, todo apunta a que foron os séculos medievais os que viron a súa ampliación territorial, pois debeu ser daquela cando as oliveiras chegaron a zonas onde o desenvolvemento da planta era dun éxito máis incerto. Daquela a súa razón de ser non está ligada ás lóxicas agrarias ou produtivas senón ás necesidades do culto cristián, pois é nese momento posiblemente cando nace o fenómeno das oliveiras dos adros parroquiais, cuxa  función era ofrecer as olivas para o aceite das lámpadas que alumeaban o altar.

___

Editorial: Xunta de Galicia 2021
Idioma: Galego