Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

HILDA E TWIG RESGÁRDANSE DA CHUVIA

€15,00
ISBN

Hilda e Twig nunca deixarían que un pouco de chuvia lles impedise emprender unha aventura, pero a cousa cambia cando unha tormenta XIGANTESCA interrompe a súa expedición polo bosque. Mentres se refuxia no interior dun misterioso montículo de terra, Twig dáse conta rapidamente de que se achega unha ameaza e de que a súa mellor amiga de cabelo azul está en perigo.
Por desgraza, o cervo-raposo nunca se considerara moi valente, pero parece que vai ter que esforzarse para salvar a Hilda dun gran e escamudo problema!
Mergúllate neste máxico cómic no que seguiremos esta encantadora parella nunha aventura pasada por auga.

Traducido por Clara Barcia

Luke Pearson é un debuxante, ilustrador e escritor británico coñecido pola súa serie de cómics ‘Hilda’, a partir da cal se creou a serie de animación homónima para Netflix (gañadora do premio BAFTA na súa categoría e da que foi guionista e coprodutor). Tamén traballou na serie de animación ‘Hora de Aventura’. Foi nominado varias veces ó premio Eisner e levou outros galardóns de renome no eido do cómic infantil e xuvenil.

____

Editorial: Sushi book 03-2025
Idioma: Galego
Páxina: 156
INFANTIL E XUVENIL