Ir a contenido
Gastos de envío para Galicia y España 4.45 €!
Gastos de envío 4.45€!

GNOMOS

€30,00
ISBN 9788416884810

Este libro trata da vida dos gnomos.
Como viven os gnomos?
Como subsisten?
Como constrúen as súas casas?

Nestes vinte anos de observación, coidamos que chegou o momento de deixar por escrito as nosas experiencias e achados, tras recibir permiso, por suposto, dun consello
autorizado de gnomos (ó cal, por certo, lle levou cinco anos tomar unha decisión).
Na nosa opinión, este libro enche un deplorable baleiro, xa que a literatura publicada sobre os gnomos é practicamente nula.
Unha das principais fontes de información foi o voluminoso tratado de Wilhelm J. Wunderlich De hominibus Parvissimis («Sobre os homes diminutos»), publicado en 1580. Este achega datos extraordinarios, aínda que, por desgraza, confunde tan a miúdo os
gnomos con ananos e con dubidosos personaxes dos contos de fadas que a súa fiabilidade xeral é escasa.
Na actualidade, os gnomos son seres case esquecidos. Como se moven de noite nos bosques e ás veces nas moradas humanas, non é coincidencia que o termo con que se designaban na antiga lingua xermánica fose Kuba-Walda, que significa ‘administrador da casa’ ou ‘espírito caseño’.
En zonas rurais, estes administradores da casa viven con frecuencia nas vigas dos celeiros, dende onde, se os tratan ben, teñen conta do gando e mais das colleitas.
Outra variante do seu nome, relacionada coa palabra mandil, fai referencia ós conceptos ‘poñer en orde’ ou ‘facer tarefas esporádicas’ (con ou sen mandil).
Antigamente, o gnomo era aceptado como membro da sociedade en Europa e na Rusia siberiana. Víanse gnomos de forma regular, e as persoas, en todos os ámbitos da vida, recibían deles recompensa ou castigo, axuda ou obstaculización (segundo a actitude
que mostrasen), situación que chegou a parecerlles completamente normal. Pero iso foi nuns tempos en que as augas eran transparentes e os bosques virxes, cando os camiños levaban en paz dun poboado a outro e os ceos só se enchían de paxaros e estrelas.
Dende entón, os gnomos víronse obrigados a retirarse a recunchos ocultos, por riba e por baixo do chan, onde evitan que os vexan, de modo que cada vez menos xente cre na súa existencia. No entanto, igual que se non miras con atención non conseguirás ver unha lebre nun prado nin un cervo no bosque, o mesmo ocorre cos gnomos: pode que non os vexas, pero abofé que están alí.

____

Editorial: Rinoceronte 08-2024
Idioma: Galego
Páxinas: 212
A PARTIR DE 10 ANOS
ILUSTRACIÓNS A COLOR
FANTASÍA
ANINMAIS
NATUREZA
FAMILIA