Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

GALICIA, 1981-2021. AUTONOMÍA, SOCIEDADE E CULTURA

€25,00
ISBN 9788411761437

CONVERSAS CON XOSÉ LUÍS BARREIRO E RAMÓN VILLARES

Entre 1981-2021 prodúcense en Galicia, e no resto do mundo, transformacións estruturais como o remate da Transición política, a chegada da Autonomía a Galicia, a consolidación do transvase rural-urbano, o acceso ao poder da socialdemocracia en España, a entrada do neoliberalismo no mundo occidental, o pulo do feminismo, a decadencia da Igrexa católica e a caída demográfica.

Nesta entrevista, en diálogo con Xosé Luís Barreiro e Ramón Villares, afróntanse os cambios entre dous séculos, produce información, debate, crítica política e social, controversia, memoria e historia máis alá de tópicos e simplificacións dun proceso social, económico, político e científico que precisaba axenda e voces cualificadas para afrontar con solvencia e pertinencia corenta anos vividos e estudados a un tempo.

Manuel Pérez Rúa

(Moaña, 1956) é licenciado en Socioloxía e doutor en Historia Contemporánea pola USC. Foi profesor na Universidade de Vigo (1999-2009), asesor en urbanismo no Concello de Vigo (2000-2003) e coordinador cultural do Concello de Moaña (1987-2021), e desenvolveu o seu labor profesional e investigador nas áreas da sociocultura, cambio social e urbanismo.

Publicou, Moaña (1991); Galicia SL (Xerais, 1995), en coautoría, e Domingos de calcetíns brancos (Premio Ramón Piñeiro de ensaio 2009, Galaxia, 2011).

____

Editorial: Galaxia 09-2023
Idioma: Galego