Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

FERROL Y LA BIOLOGIA MARINA

€18,00
ISBN 9788416456482
Ferrol é unha lingua de mar que avanza sobre a terra. A relación da cidade co mundo marítimo é secular. A pouco que unha persoa coñeza Ferrol pode demostrar este inesquecible nexo co mundo marítimo, a través de actividades humanas moi dispares.

Esta obra trata unha relación pouco coñecida de Ferrol co mar: Ferrol actuou de lanzadeira para profundar no estudo dos seres vivos que poboan o océano, puxo o seu gran de area para forxar a bioloxía mariña. Pola cidade ou a súa comarca pasaron nos últimos séculos persoas e institucións que teñen como denominador común o estudo da vida mariña. Non deixará de ser unha viaxe no tempo.

 

Brezmes Comesaña, Carlos      

A Coruña, 1965. É licenciado en Ciencias Biolóxicas pola Universidade de Santiago de Compostela e funcionario do Corpo de Biólogos da Xunta de Galicia desde 1994.

Comezou a súa vida profesional no mundo da investigación con fauna mariña, pasando posteriormente a vincularse coa xestión marisqueira e a preservación do medio mariño en xeral. Ten como outros campos de interese a Paleontoloxía e a Malacoloxía, sendo galardoado en 2010 co primeiro Premio á Creatividade Aplicada ao idear un Centro de Interpretación Paleontolóxica nas Pontes.

Actualmente é colaborador do Museo de Historia Natural de Ferrol.

____

Editorial: Embora
Idioma: Castellano