Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

ESCRITOS SOBRE AS MULLERES

€16,00
ISBN 9788417388805

O único papel que se lles recoñecía ás mulleres no mundo antigo era o que desenvolvían dentro da casa, como esposas, nais e administradoras e organizadoras das cuestións domésticas. Co argumento da súa incapacidade para calquera actividade desenvolvida máis alá dos muros do fogar, foron excluídas da vida pública, non tiveron acceso á educación e viviron no anonimato. Non
deixa de sorprender que, no medio deste panorama no que a lei lexitimaba a inferioridade da muller, Plutarco lle dea un papel tan importante nalgunhas das súas obras, considere conveniente o seu acceso á educación, aconselle a súa participación en ámbitos non tradicionais e recoñeza nela calidades que para o común da xente eran exclusivas dos homes. Neste volume incluímos tres tratados que forman parte das Obras morais: Preceptos matrimoniais, Excelencia das mulleres e Máximas de mulleres espartanas.

Plutarco naceu arredor do ano 45, en Queronea, unha cidade grega ao nordeste de Beocia. Pertencía a unha familia enraizada nese lugar desde moito tempo atrás, moi relixiosa, con boa posición económica e grandes inquedanzas culturais. Plutarco foi a Atenas para completar a súa educación. Alí entra en contacto cos sofi stas, aprende matemáticas e relixión e coñece o estoicismo e o epicureísmo, pero o que deixa unha pegada máis fonda nel é o seu paso pola Academia platónica, onde tivo como mestre o neoplatónico de orixe exipcia Amonio, e que determinará o seu xeito de entender o ser humano e o mundo. Máis tarde viaxará a Exipto, Asia Menor, diversas cidades de Grecia e outros moitos destinos para completar a súa formación. Logo destes anos, Plutarco re-
gresa a Queronea, e arredor do ano 70 casa con Timóxena, persoa culta e de bo carácter coa que tivo un matrimonio feliz. Tiveron cinco fillos, aínda que só chegan dous a idade adulta. A súa morte acaeceu entre o 120 e o 126.

____

Editorial: Rinoceronte 2022
Idioma: Galego