Ir a contenido
Gastos de envío 3,50€! 📦
Gastos de envío 3,50€! 📦

EL PRIMER LOCO

€19,50
ISBN 9788416460588
EDICIÓN FACSIMILAR E ILUSTRADA. EL PRIMER LOCO foi publicada en Madrid en 1881. Está ambientada no Bosque do Banquete de Conxo. A presente edición inclúe, á parte da reprodución facsimilar de 1881, un revelador estudo de María do Cebreiro e Germán Labrador e impactantes fotografías do Bosque de Conxo, de Denís Estévez.

Presentamos unha edición moi especial da derradeira novela de Rosalía de Castro. Publicada en Madrid en 1881, El primer loco (subtitulada “Cuento extraño”) desenvólvese no bosque que, en 1856, acollera o insólito Banquete democrático de Conxo, un espazo natural –e vital– que fascinaba á autora. A novela ergue unha dobre bandeira: por unha banda, a da dignidade humana; por outra, a defensa da paisaxe, da natureza. O presente volume, publicado en coedición Alvarellos Editora-Consorcio de Santiago, reproduce fielmente aquela edición primeira e incorpora un magnífico estudo introdutorio, escrito polos especialistas María do Cebreiro Rábade Villar (Universidade de Santiago de Compostela) e Germán Labrador Méndez (Universidade de Princeton-New Yersey, un traballo que con seguridade sentará as bases e abrirá camiños para futuras e novas interpretacións da obra de Rosalía de Castro, en concreto na súa relación coa psiquiatría e tamén co espiritismo. Un singular apéndice gráfico completa esta sedutora publicación: vinte fotografías de Denís Estévez que nos convidan a trazar unha reveladora viaxe sensorial polas sendas do histórico bosque do Banquete de Conxo e de El primer loco.
 


____

Editorial: Alvarellos
Idioma: Castellano