Tras padecer unha fonda depresión, a escritora e filóloga Ursula Heinze (autora dunha extensísima e premiada obra literaria) decide ingresar voluntariamente no sanatorio psiquiátrico La Robleda, preto de Santiago de Compostela.
Tras padecer unha fonda depresión, a escritora e filóloga Ursula Heinze (autora dunha extensísima e premiada obra literaria) decide ingresar voluntariamente no sanatorio psiquiátrico La Robleda, preto de Santiago de Compostela. Neste libro relata os dous meses de finais de 2014 que pasou internada tratando de superar a súa enfermidade. Escribiu día a día. A obra que o lector ten nas súas mans é o retrato coral, intenso e fondamente humano da vida nun psiquiátrico. «Aquí, no Sanatorio, podemos vivir como realmente somos –afirma Ursula–. Fóra, o mundo é real pero, para sobrevivir, temos que disfrazarnos». Ursula Heinze de Lorenzo naceu en 1941 en Colonia (Alemaña). Licenciouse en Filoloxías Inglesa e Alemá na Universidade de Colonia. Formou parte do grupo universitario de teatro, estudou piano e canto. Reside e escribe desde 1968 en Santiago de Compostela. Foi catedrática de Ensino Medio en Alemaña e lectora de alemán –na Universidade de Valladolid (1973-1977). É membro fundador do PEN Clube Galego e a súa presidenta de 1991-1995. No ano 1993 organizou en Santiago de Compostela o 60 Congreso Mundial do PEN. Ata 2014 foi membro do Patronato Rosalía de Castro. É autora de numerosas obras: novelas, relatos, ensaios, literatura infantil e xuvenil, poesía en galego, e poesía e relatos en alemán. Traduciu obras de autores alemáns ó galego e ó castelán.

____